Tuesday 14 de May de 2024

Medio Ambiente convoca o vindeiro 26 de abril aos productores e xestores de residuos industriais


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza unha xornada que se celebrará na sede da Fundación Barrié, á que están convidados asociacións de xestores de residuos e representates do sector productor

A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza para o vindeiro 26 de abril unha xornada sobre o plan de xestión de residuos industriais de Galicia.

O encontro terá lugar na sede da sede da Fundación Barrié e servirá para afondar no Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), a folla de ruta elaborada polo actual Goberno para a correcta xestión dos residuos industriais de Galicia e cuxo marcho temporal se extenderá ata o ano 2022.

O plan de xestión de residuos industriais fixa máis dunha decena de obxectivos estratéxicos, entre os que destacan a redución en 2020 da xeración dos residuos industriais como mínimo nun 10% fronte aos valores de 2010, o fomento da I+D+i no campo da prevención, a redución dos efectos a nivel de cambio climático, e promover unha tendencia cara o establecemento dunha economía circular.

O obxectivo desta xornada polo tanto é dar a coñecer os detalles deste plan e achegar os conceptos, principios e estratexias de cara a mellorar e acadar unha correcta xestión de residuos industriais nos próximos anos, sendo de especial interese para o sector productor e xestor de residuos industriais de Galicia.

Ao encontro están invitados representantes do sector productor, así como asociacións de xestores de residuos e persoal investigador do ámbito académico.